viernes, 9 de julio de 2021

MEMORIA DO CLUB DE CIENCIA 2020-21

 

CLUB DE CIENCIAS


MEMORIA DO PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2020-21



 

 


 

I.E.S. PRIMEIRO DE MARZO

BAIONA

 

 

 

 

Índice

 

 

1.   Introdución.....3

2.   Profesorado participante....5

3.   Descrición das investigacións realizadas polo alumnado....7

4.   Visiilización das actividades desenvoltas....14

5.   Relación dos gastos

6.   Conclusións....15


 

1.          Introdución

Con esta iniciativa, recollida en forma de Programa de Innovación Educativa: Club de Ciencia, pretendeuse incentivar o interese pola ciencia no noso alumnado, e mellorar así a súa predisposición para estudala e con iso unha mellora no rendemento académico e a atención a propia diversidade (Modelo de Enriquecemento Curricular).

Consideramos especialmente importante o desenvolvemento temperá destas actitudes científicas, polo que o noso proxecto céntrase sobre todo na ESO e, en menor medida, no primeiro curso de bacharelato. Por outra banda, o método empregado baseouse en vertebrar todas as aportacións dos distintos departamentos implicados cos plans de centro e cos proxectos de innovación educativa que se veñen realizando nel, deu lugar ao desenvolvemento dun Club de Ciencia coherente e, sobre todo, integrado. Así, dun xeito ou doutro e de forma coordinada, temos intentado integrar no noso proxecto -ao través de diversas actuacións: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, o Club de Lectura, o Programa de Seccións Bilingües, o Proxecto Ríos, o Plan Lector, o Plan TIC e o Plan de Convivencia,.

A teor da traxectoria do centro, podemos afirmar que contamos xa cun Club de Ciencias consolidado tanto polo percorrido (levamos 5 anos, 4 deles ao abeiro da convocatoria específica) como pola participación (entre o 6% e o 27%  do alumnado do centro e 4 departamentos didácticos)..

Cómpre salientar a constitución por terceiro ano dun grupo de traballo a través do CEFOR Vigo (V203113 O clube de ciencias no IES Primeiro de Marzo) no que o profesorado implicado recibiu formación específica e desenvolveu experiencias enriquecedoras.

Todo isto permitiu darlle un soporte físico (un tempo e un lugar) para incentivar o interese pola ciencia no noso alumnado, pois entendemos que un proxecto científico non se pode desenvolver axeitadamente dentro das clases ordinarias dunha materia e mesmo dun curso académico (pouco flexibles e con grande diversidade de intereses no alumnado). Tamén mencionar, que manter esta iniciativa de innovación educativa constituíu un desafío para a toda comunidade educativa, pois as restricións polo protocolo COVID-19 modificaron moi notablemente a organización ordinaria do club: necesidade de reunións grupo, repeticións innumerables de reunións, e mantemento en todo momento das normas establecidas polo centro.

Con todo, a continuación presentamos a memoria desta edición do Club de Ciencia no noso centro, seguindo as instrucións indicadas na Resolución do 23 do 23 de setembro de 2020 pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia”.


3.            Actividades realizadas polo alumnado participante

 

3.1.                  Alumnado participante

Na seguinte táboa resumo indicamos a participación do alumnado no Club de Ciencia, ao longo do curso académico. Indícase o total de alumnas e alumnos por nivel educativo ao final de cada avaliación.

Por mor da aplicación da normativa COVI-19, as restricións consecuentes afectaron sensiblemente ás actuación do Club de Ciencia. Concretamente, as reunión individualizadas ou en parellas unido ao seguimento tan só en recreos a demanda, foron sen dúbida a primicpal causa de abandono de proxectos o non adxudicación.

O longo do curso escolar, detectouse unha marcada diminución na implicación, quizais polo agotamento xerado pola situación, que fixo preciso aumentar intervencións dinamizadoras nalgunhas clases.

 

ENSINANZA

NIVEL EDUCATIVO

Alumnado inscrito en proxectos

Alumnado participante

 

ESO

12

50

8

60

2

46

0

17

BACHARELATO*

7

18

TOTAL*

262

33

200

% alumnado participante*

 

12 %

76 %

*Porcentaxe respecto do total de alumnado convocado do centro: 262 alumnas e alumnos (1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º bach). Respecto do total do alumnado do centro (383), foi ao redor do 52 %.


 

 

3.2.                  Actividades realizadas

A continuación recóllense cronoloxicamente as actividades realizadas, indicándose unha pequena sinopse de cada unha. Os proxectos de indagación titorizados co alumnado aparecen no apartado 3.3.

1º TRIMESTRE

 

SETEMBRO-NOVEMBRO [Previa resolución definitiva: 30/11/202]

-Ata o 9 de outubro de 2020 (remate da Convocatoria de participación no Club de Ciencias). Presentación das modificacións na composicións de profesorado participante.: Entrega de autorizacións para seren cumprimentadas polos Pais/Nais/Titores legais.

-Venres 9 de outubro: en colaboración con proxecto Ríos. Estudo dos macroinvertebrados dos Ríos Baíña e Groba. Estudo no laboratorio das mostras recollidas en ríos da contorna. Iniciación a súa identificación. Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato e 4º da ESO.

-Venres 27 de novembro de 2020 de 11:00-11:30 Reunión organizativa do equipo de profesorado co Club de Ciencia..( Acta: Selección de grupos e alumnado provisional, Sesións informativas para o alumnado, Avaliación da situación (análise DAFO) e Previsión gastos materiais e actividades)

OBSERVACIÓNS: Tamén se procedeu novamente á información do programa a toda a comunidade educativa (Claustro profesorado e Consello Escolar).

 

DECEMBRO

- Presentación do Club de Ciencias. Relación de actividades: Presentación do Club de Ciencias (presentación); Presentación do Blog do Club co resumo do ano anterior; propostas de actividades concretas para Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía. Información xeral a través das clases de Ciencias e convocatoria a demanda nos recreos de decembro, respectando a normativa COVID-10. Difusión a través dun  cartaz publicitario. [Lugar: Laboratorios, Taller Tecnoloxía, Biblioteca e Departamentos didácticos].

-Creación dun curso específico na aula virtual do centro, dentro do apartado de innovación educativa. Nel compílanse todos os materiais de referencia e as evidencias xeradas. Matriculouse ao alumnado e e profesorado participante.

 

 

-Decembro de 2020: Inicio proxecto científico bilingüe “How to build your own volcano”. Proxecto de construción dun modelo de volcán que erupciona. Alumnado de Seccións bilingües de 3º da ESO. [Lugar: Laboratorio Bioloxía e Xeoloxía ].

-Mércores 09 e Venres 11 de decembro. Participación na proposta de Galiciencia online talleres: Cociña molecular. Visionado do vídeo explicativo e más a obra. Informe resumo exemplo.

-Luns 21 de decembro de 2020: Inicio proxecto científico bilingüe “My very own cell”. Proxecto de construción dunha maqueta dunha célula eucariota animal. Alumnado de Seccións bilingües de 3º da ESO. Instruccións xerais para a elaboración e presentación borrador para elaborar a expoción. Atención non recreos a demanda. As exposicións realizáronse en xaneiro do 2021. Exemplo proxecto

-Ata o martes 22 de decembro de 2020: inicio do período de proposta de proxectos de investigación. Listaxe de propostas.   Obradoiros exemplificadores de experiencias de indagación: snacks experiments, Construcción dun fractal 3D (árbore de Nadal).

 

Observacións Xerais: Tal e como se recolle no proxecto e, dado que implica actuacións fóra do horario lectivo, esixíuselle a todo o alumnado unha autorización por parte dos pais/nais/titores legais para participaren no Club e elaborada para tal efecto.

 

2º TRIMESTRE

Observacións Xerais: Tarefas semanais en horario de recreo (de 11:00 a 11:30). Dende xaneiro ata xuño o alumnado, previa petición, empregou os espazos do centro (Laboratorios, Taller, Departamentos e Biblioteca) coa supervisión do profesor/a encargado do proxecto.

Luns 25 e mércores 27 de xaneiro de 2021: Exposicións do proxecto científico bilingüe “My very own cell”. Proxecto de construción dunha maqueta dunha célula eucariota animal. Alumnado de Seccións bilingües de 3º da ESO. [Lugar: Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía].. Exemplo proxecto

-Recreos de xaneiro de 2021, por grupos clase de 11:00 a 11:30. Explicación do formato de proxecto de indagación: guión, acceso á aula virtual. Escolla de proxectos e procura de información. [Lugar: Biblioteca e Laboratorios de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, Taller e Aula de informática].

-1ª semana de Febreiro de 2021. Actividade motivadora. Alumnado de 1º bacharelato, 4ºESO, 2º ESO e 1º da ESO Aproveitamos a doazón de xeo seco dun laboratorio da contorna para amosar ao noso alumnado diferentes experiencias relacionadas. Sublimación do xeo seco. [Lugar: Laboratorio de Fisica e Química, Laboratorio de Bioloxía e clases de 1º ESO]

-Xoves 11 de febrero de 2021. Día internacional da muller e nena científica. Investigación sobre mulleres galegas traballadoras da ciencia, exposición. Presentación dos videos de Margarita Salas e Científicas en corto.  (2º e 4º da ESO). [Lugar: Laboratorio de Fisica e Química e hall do 2º andar do centro]  Dossier

-Mércores 24 de febreiro de 2021. Toda a mañá  Participación na XII Olimpíada de Xeoloxía. Fase Galega. Edición telemática. 6 alumnas e alumnos de 1º de bacharelato [Lugar: Aula de informática do centro conectada coa Facultade de Minas, Universidade de Vigo].

-Febreiro de 2021. Plantación de árbores, ao abeiro do proxecto Xardín Xurásico, procedeuse a implicar na plantación das árbores a alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO, baixo o reto “plantamos para o futuro”. O alumnado escribiu un desexo persoal en papel moi degradable que foi soterrado baixo as árbores.

-Martes 9 de marzo. Curso do PFPP ligado ao Club de Ciencia para o profesorado: “Experimentando”, con David Ballesteros . Obradoiro de estimulación para o profesorado do Club de Ciencia. De 16:30 a 19;00. [Lugar: Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía].

-Do 23 ao 26 de marzo. O reto do ovo. A partir do aprendido no obradoiro con David Ballesteros, puxemos en práctica un reto. Convidouse a todo o alumnado do Club de Ciencia. Auténtico éxito de participación e implicación. Lanzamento dos artefactos: 26 de marzo. Dende o recreo ata a última hora. [Lugar: Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Aula 20 e patio do centro]

-Durante o mes de marzo: Grabación de vídeos explicativos dos proxectos, a modo de Science Talk telemático. Acceso a vídeos explicativos [Lugar: Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, recreos a demanda].

 

3º TRIMESTRE

-De abril a xuño. Construción dunha charca temporal. Iniciamos a construción dunha charca temporal para o seu posterior seguimento. Realizamos o acondicionamento da área seleccionada, impermeabilización e rotulación. Alumnado de 1º de bacharelato. [Lugar: Recinto do centro educativo].

-Venres 30 de abril. Toda a mañá. Limpeza de ríos e estudo de refugallos e calidade da auga. En colaboración co proxecto Ríos do centro, procedeuse a facer labores de limpeza no río Baiña. Alumando de 4º ESO de Ciencias aplicadas a actividade profesional, realizaron un traballo sobre o estudo dos principais contaminantes que se poden encontrar na contorna dun río e un análise estadístico dos residuos encontrados.TRABAJO DEL RÍO DE   BAIÑA.pdf

-Luns 10 de maio. BioBlitz. Estudo de biodiversidade vexetal no centro cunha app, Realizouse un safari fotográfico para fotografar plantas con flor da contorna do centro co alumnado de 1º de bacharelato. De todas realizouse unha foto da planta e outra da flor e coa axuda da app gratuita Plantnet, procedeuse a unha primeira identificación taxonónica que logo se confirmou coa bibliografía especializada. [Lugar: Recinto do centro educativo e aula de informática]. Exemplo informe

-Luns 24 de maio. Estudo intermareal na praia Saída á praia de A Cuncheira. Toda a mañá. Safari fotográfico da biodiversidade presente. Estudo e catalogación das diferentes formas de vida. Alumnado 1º bacharelato. Estudo contrastado do fenómeno homing en lapas e caramuxos. Posterior traballo na internet, a demanda e na casa. [Lugar: Praia de A Cuncheira e aula de informática]. Exemplo informe.

-26, 27 e 28 de maio. Galiciencia online, o alumnado de 1º de bacharelato participa na edición online de Galiciencia. 26 conferencia, 27 obradoiro de microbioloxía e 28 obradoiro de láser. [Lugar: aula 1º bacharelato].

-Luns 31 de maio de 2021: Club de Ciencia: Saída de Xeoloxía a Monteferro. Toda a mañá con 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía. Tarde: Obradoiro  de Xeoloxía con 1º de bacharelato. . [Lugar: Monteferro, Nigrán e Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía]. Exemplo informe

-9, 10, 17 e 18 de xuño. Aprendemos ciencia explicándoa con experimentos sinxelos. Alumnado de 1º de bacharelato e de 1º da ESO. O alumnado de bacharelato prepara a práctica e póñena en práctica co alumnado de 1º da ESO Difusión de Ciencia divertida. [Lugar: Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía e clases de 1º da ESO].

- Abril e maio. Experimentando co cubo Rubik: grupo de 3º ESO fai probas co número de movementos para a solución. Indagan co que ocorre cando usando pegatinas convirten o cubo de 6 colores en outro de 3 ou incluso de 2. Aumentará o diminuirá o número de movementos?. [Lugar: Departamento de Matemáticas e clases de 3º da ESO].

- Maio e Xuño. Modelos atómicos. Proxecto de creación dun vídeo sobre a evolución histórica dos diferentes modelos atómicos: video 1 video 2  Alumnado de 4º ESO de Física e Química [Lugar: Laboratorio de Fisica e Química e traballo autónomo na casa].

- Abril e maio. Práctica incentivadora sobre o estudo do movemento rectilineo uniformemente acelerado: Realizaouse un estudo do movemento en caida libre de distintos obxetos. Na primeira parte da práctica o alumnado tivo que investigar e concluir mediante a experimentación se a masa do obxeto influe no movemento. Posteriormente nunha segunda parte tivo que calcular a altura de lanzamento do obxeto cos datos experimentáis tomados por eles mesmos.  Vídeo resumo Alumnado de 4º ESO de Física e Química [Lugar: Laboratorio de Fisica e Química e traballo autónomo na casa].

- Abril e maio. Práctica incentivadora sobre precipitación e recristalización do yoduro de potasio. Reacción coñecida como “Chuvia dourada”. Vídeo. Informe 1. Informe 2 [Lugar: Laboratorio de Fisica e Química e traballo autónomo na casa].

- Abril e maio Produción de corrente eléctrica empregando vexetais como xeradores de corrente eléctrica. 2º ESO. Na primeira parte realizouse un estudo sobre como se transmite a corrente eléctrica e o uso do xerador para a produción de corrente eléctrica.Diferentes vexetais úsanse como produtores de corrente eléctrica, estudando a reacción que se produce.Analizando os resultados obtidos. Resumo da actividade (presentación canva) [Lugar: Taller de Tecnoloxía].

-De abril a xuño. Obradoiro con origami modular. Alumnado 3º da ESO. fotos origami sonobe (Mate) - Google Drive

-Maio e xuño.  Electroimán Caseiro. Alumnado de 1º ESO. Levouse a cabo unha investigación sobre o funcionamento dos electroimáns. Elaborouse unha lista de materiais para comprobar o seu funcionamento, comprobando cales eran atraídos polo electroimán e cales non, avaliando o número de xiros dos xiros necesarios en función do material. Resumo actividade (presentación genially). [Lugar: Taller de Tecnoloxía].

-Maio e xuño. Indagando coas matemáticas: investigación e exposición aos compañeiros de curiosidades matemáticas que descubriron o facerse preguntas sobre cuestións que quedan ao seu modo de ver irresoltas nas clases de Matemáticas. Grupo de 3º ESO. Curiosidades matemáticas [Lugar: Departamento de Matemáticas e clases de 3º da ESO].

-Maio e xuño. Á procura de cristais nunha casca de ovo. Alumnado de 2º ESO. Resumo [Lugar: Laboratorio de Fisica e Química].

 

3.3.                  Os proxectos científicos

Debido a situación excepcional acontecida durante este curso, fíxose moi complexo o seguimento dos proxectos de indagación. En especial en 1º da ESO, detectáronse dificultades para o seguimento do guión do proxecto de indagación, polo que valoramos en próximas edicións ofertarlle unha versión moito máis sinxela.

O longo do curso, detectouse un esgotamento no seguimento dos proxectos, que por tratarse maiormente en recreos comezou a competir con outras actividades, reforzos e o propio lecer do alumnado. Esta situación foi moi acusada en 2º da ESO.

 

LISTAXE DO CLUB DE CIENCIAS 20-21 alumnado inscrito en proxecto de indagación científica.

Total 33: 1º ESO: 14  2º ESO: 10  3º ESO: 2  4º ESO: 0  1º Bach:  9

 

Apelidos, Nome e Curso

Proxecto asignado


Electroimáns


Plantas carnívoras


Plantas carnívoras


Microorganismos en charcas


Lámpadas de lava


[Baixa]


[Estudo estatístico datas nacemento]


Lámpadas de lava


Microorganismos en charcas


Xardín Xurásico


[Barcos autopropulsados] Electroimáns 2


Cristalizacións en ovos


Cristalizacións en ovos


Xardín Xurásico


Cristalizacións


Cristalizacións


Cristalizacións


Cristalizacións


Cristalizacións


Cristalizacións


Cristalizacións


Cristalizacións


Curiosidades matemáticas


Curiosidades matemáticas


[sen asignar]


[sen asignar]


Análise da auga do río de Baredo


[sen asignar]


[sen asignar]


Análise da auga do río de Baredo


[sen asignar]


[Arcas da Biodiversidade]


[Arcas da Biodiversidade]

 


 

4.          Visibilización das actividades

A divulgación do proxecto realizouse especialmente a través da páxina web do centro e dun blog do Club de Ciencias (http://clubciencias-primeirodemarzo.blogspot.com.es/). Tamén como novidade xa mencionada ao inicio, creouse un curso específicos na aula virtual que pensamos facilitará no futuro o seguimento do proxecto.

 

Durante o curso, e para manter informado e incentivado ao alumando, procedeuse a confección de cartaces chamativos  e acontecementos ou retos relacionados coas actividades do Club de Ciencia e rotulacións co emblema nos espazos habilitados para as actividades.

 

 

 

 

 

 

 


 


6.          Conclusións

6.1.                  Valoración das actuacións desenvolvidas e dos resultados acadados

Para avaliar os resultados fíxose preciso a elaboración dunha enquisa para o profesorado a través dun formulario de google docs. Como xa se indicou, coas restricións COVID-19, a ausencia de cafetería do centro, a actividade do Club de Ciencia veuse moi comprometida. A maior parte das actuacións centráronse en recreos, onde se fixo preciso repetir varias veces as explicacións e experiencias para manter illados os grupos burbulla de alumnos.

Máis adiante, na terceira avaliación, coa situación máis relaxada decidiuse retomar algunhas das actividades ao aire libre típicas do noso club. Se ben, pola ausencia de salón de actos, adicado a aula, non puidemos levar a cabo actividades colectivas presenciais como o museo itinerante ou os Science talk..

Malia a todo, non podemos concluír que a actividade do club un nivel aceptable de logros comparable con edicións anteriores. As actividades tipo reto; O reto do ovo, aprendidas no curso do PFPP vencellado ao club, resultou moi proveitosa.. Tamén salientar as intervencións en días sinalados como o da muller científica e as actividades en grupo como estudo de biodiversidade vexetal no centro cunha app, construción dunha charca temporal, estudo intermareal na praia ou  Aprendemos ciencia explicándoa con experimentos sinxelos.

Tamén salientar a continuidade con actividades telemáticas, algunha en substitución das presenciais como a Olimpíada de Xeoloxía ou Galiciencia online, e outra encomendadas a mantenta con este formato.

 

6.2.                  Propostas de mellora

Principalmente as propostas de mellora céntranse na continuidade da presente edición do club de ciencia. Así tomando o curso 19-20 como introdución a situación pandémica, consideramos que poderemos avanzar cunha maior operatividade na vindeira edición. Como non, garantiremos a incorporación do novo alumnado de 1º da ESO, que ano tras ano son os que amosan un maior interese. Se ben, como indicamos anteriormente, faise necesario adaptar os informes de proxecto de indagación para 1º e 2º da ESO, pois ponse de manifesto a súa dificultade de redacción.

Tamén, a teor dos resultados, consideramos moi pertinente tratar de facer un reto científicos a todo o club cando menos cunha frecuencia trimestral, pois amosouse como un excelente elemento dinamizador.

Outra aportación interesante na presente edición foi o uso de app científicas (Plantnet) e de plataformas de difusión máis actualizadas para a realidade do noso alumnado (tiktok) pode ser un acerto a seguir nas vindeiras edicións.

 

6.3.                  Observacións

Este ano novamente resultou un verdadeiro reto, tanto para a docencia formal como para este tipo de actividades de innovación educativa.  Aínda que mantivemos a presencialidade en todo momento, a propia actividade de innovación educativa constituíu un todo un desafío para a comunidade educativa, pois as restricións polo protocolo COVID-19 modificaron moi notablemente a organización ordinaria do club: necesidade de reunións individualizadas, repeticións innumerables de reunións, e mantemento en todo momento das normas establecidas polo centro.

 

6.4.                  Conclusións

O profesorado implicado nas actividades e o equipo directivo, amosa a súa satisfacción polos resultados do Club de Ciencia no noso centro educativo dentro da situación acontecida.

Por unha parte, continuase coa dinámica de traballo, parella ao Club de Lectura, que valoramos moi positivamente como promotora dunha notable mellora no desenvolvemento temperá ou mantemento das inquedanzas científicas no noso alumnado.

Por outra banda, atendemos á diversidade do noso alumando, en especial a aqueles cun maior interese na ciencia e na experimentación, cunha gran interese por aprender e afondar en coñecementos e sobre todo habilidades, que na clase ordinaria non se pode realizar.

Como se recolle na enquisa avaliativa, o grao de satisfacción e alto ou moi alto, e a intención de repetir no Club por parte do profesorado e do alumnado moi alta.

Quédanos o reto de rematar os proxectos, facer un mellor seguimento dos mesmos e difundir o resultado final dun xeito máis eficaz.

Quedamos a espera da participación na nova convocatoria, para a súa solicitude ou renovación automática que suporá unha continuidade do Club de Ciencia do noso centro educativo.

Acceso a . Resultado enquisa


En Baiona, a 12 de xullo de 2021

 

O coordinador do proxecto

 

Asdo. Marcos Lago Álvarez