lunes, 23 de abril de 2018



SCIENCE TALK O VINDEIRO LUNS 30 DE ABRIL


Rapazas e rapaces, lembrade que quedamos o vindeiro luns 30 de abril, de14:40 a 16:00, no salón de actos.
Cada proxecto debe ser presentado aos vosos compañeiros e compañeiras, indicando en que estado se atopa e que dificultades topastes (con honestidade).
Podedes empregar fotos, tamén dispomos de ordenador e canón. Se tedes problemas para preparala falade co voso profesor.

NERVIOS... ACOUGADE!!! ESTAREMOS ENTRE IGUAIS, TAN SÓ TEREDES QUECOMENTARNOS AO RESTO COMO VAI O VOSO PROXECTO.

LEMBRADE QUE O FORMULARIO DO PROXECTO PÓDEVOS SERVIR DE GUÍA PARA FALAR.


Charla coloquio Club de Ciencias



CLUB DE CIENCIAS  IES PRIMEIRO DE MARZO

CHARLA COLOQUIO
Unha tarde con científicas e científicos
Charla coloquio para o alumnado do Club de Ciencias (tamén convidados 1º de bacharelato científico).

Cando:      Hoxe, 23 de abril

Hora:         de 16:10 a 17:50

Con

-Leandro Alejano Monge (Doutor Enxeñeiro, Profesor Titular da Universidade de Vigo)

-Manuel Ángel Pombal Diego (Doutor en Bioloxía, Profesor Titular da Universidade de Vigo)

-Julia Serra Rodríguez (Doutora en Física, Profesora Titular da Universidade de Vigo)