domingo, 19 de febrero de 2017

O MÉTODO CIENTÍFICO

QUE É O MÉTODO CIENTÍFICO?

Para introducir dun xeito sinxelo o método científico, velaeiquí o seguinte vídeo:


CONVOCATORIA 1ª REUNIÓN

REUNIÓN DO CLUB DE CIENCIAS DE IES PRIMEIRO DE MARZO


Este martes 21 de febreiro de 2017 haberá unha reunión informativa sobre o Club de Ciencias do noso centro. Nesta xuntanza trataranse os principais aspectos sobre que é un Club de Ciencias e como vai funcionar o noso.

Animádevos a participar e inscribídevos no Club!!!

XA TEMOS CLUB DE CIENCIAS NO CENTRO!



Dentro da convocatoria de Contratos-Programa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o noso centro educativo vén de conseguir a modalidade 5 do programa: "Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia".
O noso proxecto contempla a creación dun Club de Ciencias que comezará coa súa actividade dende o mes de febreiro deste curso académico e rematará o 15 de xuño.