domingo, 14 de julio de 2019

Memoria Club de Ciencia 2018-19



CLUB DE CIENCIAS


MEMORIA DO PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2018-19

I.E.S. PRIMEIRO DE MARZO
BAIONA




Índice


1.   Introdución.....3
5.   Conclusións....15




O interese do alumnado polos estudos de Ciencias e Matemáticas vense reducindo nos últimos anos de xeito xeral en toda a UE (informe Rocard). Tamén, a nivel do noso centro educativo, levamos recollendo como ano tras ano, o alumando relaciona estas temáticas como "algo difícil" e decide descartase das materias vencelladas en canto ten oportunidade (en especial dende 4º da ESO).
Así, nos bacharelatos científicos detectamos este abandono temperá das ciencias, que ligado a un baixo rendemento académico, fai que os resultados sexan moi mellorables.
Con esta iniciativa, recollida en forma de Programa de Innovación Educativa: Club de Ciencia, pretendeuse incentivar o interese pola ciencia no noso alumnado, e mellorar así a súa predisposición para estudala e con iso unha mellora no rendemento académico e a atención a propia diversidade (Modelo de Enriquecemento Curricular).
Consideramos especialmente importante o desenvolvemento temperá destas actitudes científicas, polo que o noso proxecto céntrase sobre todo na ESO e, en menor medida, no primeiro curso de bacharelato. Por outra banda, o método empregado baseouse en vertebrar todas as aportacións dos distintos departamentos implicados cos plans de centro e cos proxectos de innovación educativa que se veñen realizando nel, deu lugar ao desenvolvemento dun Club de Ciencia coherente e, sobre todo, integrado. Así, dun xeito ou doutro e de forma coordinada, temos intentado integrar no noso proxecto -ao través de diversas actuacións: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (14 anos no centro), o Club de Lectura (12 años), o Programa de Seccións Bilingües (10 años), o Proxecto Ríos (Plan Proxecta, 7 anos), o Programa de Auxiliares de Conversa (9 años), o Plan Lector, o Plan TIC, o Plan de Convivencia, os Contratos Programa (modalidade 5, 1 ano), e o máis recente, Espazos Maker (1 ano).
A teor da traxectoria do centro, podemos afirmar que contamos xa cun Club de Ciencias consolidado tanto polo percorrido (levamos 3 anos, 2 deles ao abeiro da convocatoria específica) como pola participación (ao redor de 10-15% do alumnado do centro e 4 departamentos didácticos). No presente curso contamos coa incorporación do Departamento de Física e Química (indicada na pertinente modificación de proxecto, tramitada ao inicio do proxecto deste curso).
Como novidade deste curso, salientar a constitución dun grupo de traballo a través do CEFOR Vigo (V1805189-PFPP V1831127 O club de ciencia no IES Primeiro de Marzo) no que o profesorado implicado recibiu formación específica e desenvolveu experiencias enriquecedoras.
Todo isto permitiu darlle un soporte físico (un tempo e un lugar) para incentivar o interese pola ciencia no noso alumnado, pois entendemos que un proxecto científico non se pode desenvolver axeitadamente dentro das clases ordinarias dunha materia e mesmo dun curso académico (pouco flexibles e con grande diversidade de intereses no alumnado).



A continuación presentamos un resumo das actividades realizadas por cada profesor participante no Club de Ciencia.
Profesor/a
DNI
Departamento/ ROL
Participación no proxecto
Actividades
Jose Antonio Martínez Comesaña
76910580Y
Bioloxía e Xeoloxía
Profesor
SI
-Seguimento de proxectos de 1º da ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras, obradoiros, , ScienceTalk e redacción de informes
-Visita a Galiciencia
María Luísa Domínguez Rodríguez  
36068214M
Matemáticas
Profesora
SI
-Seguimento de proxectos de Matemáticas  con 1º e 3º ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras, obradoiros, ScienceTalk e redacción de informes
María José Gómez Boo
34989562F
Matemáticas
Profesora
SI
-Seguimento de proxectos de Matemáticas  con 1º e 3º ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras, obradoiros, visita ao Planetario e Museo de Historia Natural de Santiago, ScienceTalk e redacción de informes.
Manuel Carrera Martínez
35562026R
Tecnoloxía
Profesor
SI
-Seguimento de proxectos de Tecnoloxía  con 2º e 4º ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras, obradoiros, , ScienceTalk e redacción de informes
David Costas Santos
53113065Q
Física e Químcia

Profesor

 -Seguimento dos proxectos de química con 1º e 2º da Eso( recreos a demanda,2ª e 3ª avaliación)
-Participación nas reunións (luns medio día):presentación, actividades incentivadoras, obradoiros, ScienceTalk e redacción de informes
-Táboa periódica dos elementos co alumnado de 2º e 3º ESO para conmemoración do 150 aniversario da publicación da táboa periódica
-Coordinación na elaboración de vídeos sobre un elemento químico.
Marcos Lago Álvarez
36120270N
Bioloxía e Xeoloxía
Coordinador
SI
-Seguimento de proxectos (1º, 2ª, 3º e 4º ESO e 1º bacharelato)
-Organización e participación nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras, obradoiros, visita ao Planetario e Museo de Historia Natural de Santiago, ScienceTalk e redacción de informes
-Coordinación na elaboración de vídeos dos desafíos de “Atrévete cos bos hábitos” e visita a Galiciencia.
-Labores de coordinación
-Actualización do blog e da páxina web do centro
-Elaboración da enquisa avaliativa do proxecto
-Elaboración da memoria final




3.1.                  Alumnado participante
Na seguinte táboa resumo indicamos a evolución da participación do alumnado no Club de Ciencia, ao longo do curso académico. Indícase o total de alumnas e alumnos por nivel educativo ao final de cada avaliación.

ENSINANZA
NIVEL EDUCATIVO
Alumnado 1ª aval
Alumnado 2ª aval
Alumnado 3ª aval

ESO
15
13
13
11
11
8
13
13
13
3
3
3
BACHARELATO*
3
3
3
TOTAL*
269
45
43
40
% alumnado participante*

20 %
16 %
15 %
*Porcentaxe respecto do total de alumnado convocado do centro: 269 alumnas e alumnos (1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º bach). Respecto do total do alumnado do centro, foi ao redor do 10-12%.
Como pode verse ao longo do curso produciuse un aumento do alumnado inscrito na primeira avaliación, e foi diminuído especialmente a partir da segunda metade da 2ª avaliación.
Salientar tamén, que gran parte do alumnado que participou activamente no Club non chegou a desenvolver na súa totalidade o proxecto escollido (tal e como se indica no respectivo apartado).




3.2.                  Actividades realizadas
A continuación recóllense cronoloxicamente as actividades realizadas, indicándose unha pequena sinopse de cada unha.

OUTUBRO [Previa resolución]
-Do 15 ao 31 de outubro de 2018. Convocatoria de participación no Club de Ciencias. Pequenas intervencións nas que se informa da continuidade do Club de Ciencia do IES Primeiro de Marzo. Entrega de autorizacións para seren cumprimentadas polos Pais/Nais/Titores legais. Reunións organizativas do profesorado implicado no Club de Ciencia: propostas de mellora na xestión do Club, valoración dos proxectos do anterior ano (formulario colaborativo) e a votación dos mellores para os premios (enquisa google).
Observacións: Tamén se procedeu novamente á información do programa a toda a comunidade educativa, no Claustro do profesorado (25/09/2018) e no Consello Escolar (25/09/2018).

NOVEMBRO
-Luns 26 de novembro de 2018 de 14:30 a 16:10. Presentación do Club de Ciencias. Relación de actividades: Presentación do Club de Ciencias (presentación); Presentació  do Blog do Club co resumo do ano anterior; propostas de actividades concretas para Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía; Entrega de premios e diplomas de participación; Visionado de vídeos ou documentos enriquecedores. [Lugar: Salón de actos].
Observacións: Tal e como se recolle no proxecto e, dado que implica actuacións fóra do horario lectivo, esixiuselle a todo o alumnado unha autorización por parte dos pais/nais/titores legais para participaren no Club e elaborada para tal efecto.

DECEMBRO
-Xoves 20 de decembro de 2018 de 11:30 a 13:10. Actividades incentivadoras: Obradoiro de microscopía: Manexo do Foldoscope (microscopio de man “Low-cost”). Alumnado do Club de 3º, 4º e 1º de bacharelato (19 alumnas e alumnos).
-Venres 21 de decembro de 2018: inicio do período de proposta de proxectos de investigación. Listaxe de propostas. Reunión organización de traballos de microscopía co foldoscope (instrucións traballo). Convocatoria do concurso Buscamos un logo para o Club! Cartaz, bases concurso
Observacións: Para dinamizar o club no centro, iniciouse a difusión por cartelería: cartaz feliz nadal (centrado en 2019 como Ano internacional da táboa periódica dos elementos).

XANEIRO
-Luns 14 de xaneiro de 2019: Club de Ciencia: Saída de Xeoloxía a Monteferro. Toda a mañá con 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, 2º de Bacharelato con Ciencias da Terra e 4º da ESO con Bioloxía. Tarde: Obradoiro  de Xeoloxía con 1º de bacharelato e 4º da ESO. . [Lugar: Monteferro, Nigrán e Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía].
-Xoves 17 de xaneiro de 2019 de 16:00 a 17:50: Proxectos: Volcano project. Actividade bilingüe co alumnado de 3º ESO do Club. Presentan en inglés o modelo dun volcán realizado por eles e como simulan a erupción.
-Mércores 23 xaneiro de 2019 de 12:20 a 13:10: Proxectos: My very own cell. Actividade bilingüe co alumnado de 3º ESO do Club. Presentan en inglés o modelo de célula eucariota animal e como a realizaron. [Lugar: Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía].
-Luns 28 de xaneiro de 2019 de 14:30 a 16:10. Concreción dos proxectos de investigación. Organizamos a nosa investigación. Xornada na aula de informática. Investigación por indagación. Fases do proxecto. Formularios. Petición de material necesario. [Lugar: Aula de Informática].

FEBREIRO
-Mércores 12 de febreiro de 2019. Todo o día.  Participación na Olimpíada de Xeoloxía. [Lugar: Facultade de Minas, Universidade de Vigo].
-Venres, 22 de febreiro de 2019 de 10:00 a 13:30. Museo Científico Itinerante Ciencia en Movemento. Actividade co alumnado de 1º da ESO. [Lugar: Salón de Actos]. Enquisa avaliadora. Gráfico.
-Luns 25 de febreiro de 14:40 a 16:10. Obradoiros exemplificadores de experiencias de indagación Xa escollido o proxecto, o alumnado repartido cos profesores supervisores, iniciarán a procura de información para a súa investigación, consultan bibliografía na rede e elaboran un pequeno guión do proceso a seguir (segundo o modelo de indagación científica facilitado. [Lugar: Aula de informática, Laboratorio Bioloxía, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].

MARZO
-Luns, 25 de marzo de 2019 de 14:30 a 16:00. Reunión do Club de Ciencia. Traballamos no noso proxecto Continúan a traballar nos respectivos proxectos. Elaboran a petición de material. [Lugar: Laboratorio Bioloxía, Laboratorio de Física e Química, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].
-Xoves 28 de marzo de 2019. Todo o día: Club de Ciencia: Saída a Santiago. Visita do Museo de Historia Natural e o Planetario. Alumnado do Club de Ciencia, todo o día. [Lugar: Santiago].

ABRIL
-Luns, 29 de abril de 2019. de 16:10 a 17:50. Reunión do Club de Ciencia. Traballamos no noso proxecto Continúan a traballar nos respectivos proxectos. Elaboran a petición de material. [Lugar: Laboratorio Bioloxía, Laboratorio de Física e Química, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].
-Xoves, 25 de abril de 2019. -Táboa periódica dos elementos co alumnado de 2º e 3º ESO para conmemoración do 150 aniversario da publicación da táboa periódica. Elaboración de vídeos sobre un elemento químico (vídeo wolframio, vídeo mercurio). [Lugar: Primeiro andar do IES Primeiro de Marzo].
Observacións: Durante os meses de marzo e abril, 6 alumnas e alumnos do club de Ciencias, de 3º de ESO inscribíronse nos desafíos de Galiciencia, nos que finalmente foron finalistas.Desafío 1: Queens1 e Mandarinas House1 Desafío 2: Queens2 e Mandarina House2

MAIO
-Venres 10 maio de 2019 Toda a mañá. Visita a Galiciencia e participación no desafío final de “Atrévete coa saúde e os bos hábitos”. Seis alumnas e alumnos do Club de Ciencia, resultaron finalistas dos desafíos de Galiciencia. Visitamos a exposición de proxectos científicos de Galiciencia 2019 e participamos no desafío final [Lugar: Tecnópole, Ourense].
-Martes 21 e Venres 24 de maio de 2019, de 11:00 a 11:30. Identificamos macroinvertebrados fluviais co Proxecto Ríos. Alumnado de 3º, 4º e 1º de bacharelato.
-Luns, 27 de maio de 2019. de 16:10 a 17:50. Reunión do Club de Ciencia. Science Talk. Estado de desenvolvemento dos proxectos. O alumando do Club de Ciencia exporá o estado no que se topan os respectivos proxectos. Cada grupo/equipo indicará en que consiste o proxecto científico que están a levar a cabo e as principais incidencias  [Lugar: Biblioteca]. Redactamos o noso informe. Reunión na aula de informática do centro co alumnado do Club de Ciencia para a redacción do informe de proxecto segundo o modelo proporcionado. [Lugar: Aula de Informática].
-Xoves, 30 de maio de 2019 de 16:10 a 17:50. Ciencia divertida: Yummy Cell! Acitividade lúdica-científica. Cada alumno debe alimentar ao seu compañeiro con distintos orgánulos celulares, seguindo as instruccións do profesor en inglés. [Lugar: Pavillón deportivo do centro].
-Pómoslle nome ao noso laboratorio de Ciencias: Bioloxía e Xeoloxía. En colaboración con Ciclo de Animación e a materia ITI de 1º da ESO. Resultado da escolla de Científica salientable para nomear o laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. Realizaron a procura de información e entrevistaron ao profesorado. Como resultado saíu en 1º lugar Tarsy Carballas (edafóloga) e en segundo Aida Fernández Ríos (bióloga mariña e climatóloga). Queda para o vindeiro curso a escolla final e a elaboración dunha pequena exposición.
Observacións: Durante os meses de maio, coa colaboración do alumnado de 1º de bacharelato, inciouse a instalación dun invernadoiro comprado para o Club de Ciencia. Montouse o armazón, pero a teor das datas, e para previr posibles danos ou vandalismo, optouse por recollelo para ser instalado propiamente o vindeiro curso.

XUÑO
-Luns, 10 de xuño de 2019. de 16:10 a 17:50. Preparatorio da Xornada de Acollida.  O alumnado voluntario do Club de Ciencias prepara e ensaia a súa intervención para a xornada de acollida. . [Lugar: Espazo Maker e Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxia e Física e Química]
-Martes, 4 de xuño de 2019 de 11:30 a 12:20. Xornada de Acollida. O alumnado dos centros adscritos participa dos proxectos e actividades do Club de Ciencia, a cargo de alumnado do Club de 1º e 3º da ESO. [Lugar: Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxia e Física e Química e corredor do 3º andar]
-Luns, 10 de xuño de 2019. de 16:10 a 17:50. Reunión do Club de Ciencia. Science Talk. Estado de desenvolvemento dos proxectos. O alumando do Club de Ciencia exporá o estado no que se topan os respectivos proxectos. Cada grupo/equipo indicou en que consiste o proxecto científico que están a levar a cabo e as principais incidencias [Lugar: Biblioteca]
-Luns, 17 de xuño de 2019. de 16:10 a 17:50. Redactamos o noso informe. Ante a necesidade observada no noso alumnado, procederase a unha nova reunión na aula de informática do centro co alumnado do Club de Ciencia para avanzar na redacción do informe de proxecto segundo o modelo proporcionado. [Lugar: Aula de Informática]
Observacións Xerais: Tarefas semanais en horario de recreo (de 11:00 a 11:30). Dende o mes de xaneiro o alumnado, previa petición, empregou os espazos do centro (Laboratorios, Taller, Espazo Maker, Departamentos e Biblioteca) coa supervisión do profesor encargado do proxecto.



3.3.                  Os proxectos científicos
A continuación recóllense os proxectos do Club de Ciencia que foron asignados. De cada un deles indícase o estado actual do mesmo, e de aqueles que se iniciaron a link ao documento compartido (acceso google drive: cartafol Proxectos Club de Ciencias 2018-2019). Para cada nivel educativo, indicase unha listaxe do alumnado participante, en gris aqueles que non remataron as tarefas na terceira avaliación.

Alumando de 1º ESO (15)


1. Álvarez Fernández, Antía 1ºB
2. Álvarez Vasconcellos, Eva 1ºC
3. Argibay González, Sara 1ºA
4. Besada Fernández, Iván 1ºA
5. Blanco Fernández, Jaime 1ºC
6. Carrera Pazó, Manuel 1ºB
7. Costas Misa, Nuria 1ºA
8. Duarte Báez, Yasmín 1ºB
9. Eiras Dorrío, Aitana 1ºA
10. García Valverde, Jonathan 1ºB
11. González Valverde, Aarón 1ºC
12. López Matos, Omar 1ºB
13. Martínez García, Alejandro 1ºB
14. Martínez González, Ángela 1ºB
15. Sanromán Giráldez, Víctor 1ºB



COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Manuel Carrera Pazó (1º B)
Omar López Matos (1º B)
Creación de tiras indicadores de pH con zume de lombarda
INICIADO
Alex Martínez García (1º B)
Víctor Sanroman Giráldez (1ºB)
REMATADO
Ángela Martínez González (1ºB)
REMATADO
Antía Álvarez Fdez (1ºB)
Aitana Eiras Dorrío (1ºA)
Cambiar a cor as flores
INICIADO
Jonathan García Valverde (1ºB)
Aarón González Valverde (1ºC)
REMATADO
Iván Besada Fdez (1ºA)
Jaime Blanco Fdez (1ºC)
Estímulo-resposta en venus atrapamoscas
INICIADO
Sara Argibay González (1ºA)
Nuria Costas Misa (1ºA)
Xermolación en “flor de loto”
DESCARTADO
Sara Argibay González (1ºA)
Nuria Costas Misa (1ºA)
Creación de hologramas para o móbil
INICIADO

Alumando de 2º ESO (11)


1. Dasilva Pérez, Guillermo 2º ESO B
2. De La Iglesia Vázquez, Diego 2º ESO A
3. González Pérez, Laura 2º ESO A
4. Lijó Chamorro Alba 2º ESO A
5. Masson Fragata Ruth 2º ESO A
6. Otero Romero Lara 1º ESO B
7. Penedo Veiga, Noa 2º ESO B
8. Pereira Prado Xiana 1º ESO B
9. Rodríguez Salgueiro, Alex 2º ESO B
10. Santiso González, Nicolás 2º ESO B
11. Vilar Domínguez Noelia 2º ESO B


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Lara Otero e Noelia Vilar
Fabricación de colonias a partir de vexetais.
NON INICIADO
Ruth Masson e Guillermo Dasilva
Estudo de macroinvertebrados de ríos.
NON INICIADO
Alba Lijó e Noa Penedo
Tinguimos camisetas con diferentes vexetais
NON INICIADO
Xiana  Pereira e Janira
Slime: comparación de diferentes recietas.
NON INICIADO
Alex Rodríguez
Estatística na clase.
NON INICIADO
Diego de la Iglesia e Nicolás Santiso
Circuitos con bólas.
INICIADO
Foi moi chamativo o abandono de proxectos por parte deste grupo, factor a ter moi en conta para novas edicións do Club de Ciencia. Todo isto a pesar do seguimento incansable dende as materias de Física e Química e Paisaxe e Sustentabilidade. O alumnado amosou unha gran dispersión e serias dificultades de concreción.

Alumando de 3º ESO (13)


1. Aldea González Anxo 3º ESO A
2. Álvarez González, Xandre 3º ESO
3. Álvarez Hermida Aldara 3º ESO A
4. Baqueiro Leyenda María 3º ESO B
5. Comesaña Fernández Anaís 3º ESO A
6. Domínguez Trapero, Concepción 3º ESO
7. Gómez Rodríguez Rubén 3º ESO B
8. Miranda Vasconcellos Diego 3º ESO B
9. Mondelo Fernández Carlota 3º ESO A
10. Rodríguez Pérez Rubén 3º ESO A
11. Santiago Valverde Carlota 3º ESO B
12. Suárez Campo Brais 3º ESO A
13. Vilar Rodríguez Sara 3º ESO B


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Anaís Comesaña, María Baqueiro, Sara Vilar e Carlota Santiago
Deseño dunha actividade Breakout (escape-room) de ciencias
INICIADO
Xandre Álvarez, Diego Miranda, Rubén Rodríguez e Brais Suárez
Motores e combustión.
INICIADO
Rubén Gómez e Anxo Aldea
Estruturas que eviten a rotura dun ovo
INICIADO
Carlota Mondelo, Concepción Domínguez e Aldara Álvarez
Estracción de ADN en vexetais: amorodos.
INICIADO

Alumando de 4º ESO (3)


1. Giraldez Miniño, Iago 4º ESO
2. Gómez Domínguez, Alejandro 4º ESO B
3. Quintas Alborés Martín 4º ESO B


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Iago Giráldez, Alex Gómez e Martín Quintas
Deseño e construcción dunha charca temporal

INICIADO

Alumando de 1º BACH (3):


1. Barcia Rodríguez Andy 1º bach B
2. Pombal Martínez Marcos 1º bach B
3. Vázquez Campos Lois 1º bach B



COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Andy Barcia
Deseño dunha app para inspección de Proxecto Ríos. Para satisfacer a necesidade detectada dunha aplicación para o móbil na que se recolla facilmente a inspección aos ríos. Database
REMATADO
Andy Barcia, Lois Vazquez e Marcos Pombal
.
INICIADO




A divulgación do proxecto realizouse especialmente a través da páxina web do centro e dun blog do Club de Ciencias (http://clubciencias-primeirodemarzo.blogspot.com.es/). Ademais dos anuncios pertinentes, elaborouse un video final resumo das actividades do Club.
Durante o curso, e para manter informado ao alumando, procedeuse a confección de cartaces chamativos para avisar dos principais acontecementos relacionados coas actividades do Club de Ciencia e rotulacións co emblema nos espazos habilitados para as actividades.
 
 







5.1.                  Valoración das actuacións desenvolvidas e dos resultados acadados
Para avaliar os resultados fíxose preciso a elaboración dunha enquisa para o profesorado, e a través dos informes de proxecto no caso do alumnado.
En relación ás actividades propostas, realizáronse na súa totalidade coa excepción da charla con científicas que debido a incompatibilidades horarias e a dispoñibilidade das convidadas tivemos que adialo para o vindeiro curso.
Aínda que moitos proxectos de investigación non están concluídos, cando menos atópanse na fase de redacción e elaboración de conclusións. Podemos salientar unha elevada participación nas xornadas de presentación do Club de Ciencias, nas saídas propostas e mesmo nas exposicións de mostras (xornadas de acollida). Como xa se indicou, houbo un marcado fracaso nos proxectos de 2º da ESO, nivel no que non deron concluído ningún. Tamén chama a atención o pouco alumando inscrito no club de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

5.2.                  Propostas de mellora:
O factor tempo foi un dos grandes inconvenientes detectados. Cómpre dilatar no tempo as actuacións, en especial o seguimento de proxectos e moi especialmente a redacción dos informes. Esta última actividade é sen dúbida a que máis tempo necesita.
Por outra banda, e a teor da irregularidade de certos grupos, faise preciso unha maior insistencia no alumnado para facilitar a participación e seguimento nos proxectos científicos (maior andamiaxe). Quizais como medida estimuladora, a excursión de días completa pasará a ser ofertada só para aqueles alumnos que teñan iniciado o seu proxecto, é dicir: que amosen un compromiso serio.
No referido as actividades do Club, salientar o Science Talk, como claro indicador do estado dos proxectos de investigación. Respecto das saídas, ademais das locais, tal e como puxo de manifesto a anterior convocatoria, a visita a Santiago resultou máis proporcionada tanto distancia como en tempo.
Respecto da dotación orzamentaria, indicar que o prazo para executar o seu gasto foi moi limitado, o que conduciu a investir os fondos en actividades que con máis antelación poderían ser mellorables ou substituíbles. Si amosamos o noso sincero agradecemento polo orzamento extraordinario concedido a finais de 2018 para o seu gasto en 2019.
5.3.                  Observacións
Para a nosa sorpresa, o propio alumnado amosou un gran interese en dispor de sesións de recreo e do medio día para quedar e realizar experimentos. O ambiente conseguido foi moi integrador e participativo, tendo o alumnado liberdade para agruparse, aportar ás súas ideas e ofrecéndoselle flexibilidade horaria para evitar incidencias negativas sobre as actividades lectivas ordinarias.

5.4.                  Conclusións
O profesorado implicado nas actividades e o equipo directivo, amosa a súa satisfacción polos resultados do Club de Ciencia no noso centro educativo.
Por unha parte, continuase coa dinámica de traballo, parella ao Club de Lectura, que valoramos moi positivamente como promotora dunha notable mellora no desenvolvemento temperá ou mantemento das inquedanzas científicas no noso alumnado.
Por outra banda, atendemos á diversidade do noso alumando, en especial a aqueles cun maior interese na ciencia e na experimentación, cunha gran interese por aprender e afondar en coñecementos e sobre todo habilidades, que na clase ordinaria non se pode realizar.
Como se recolle na enquisa avaliativa, o grao de satisfacción e alto ou moi alto, e a intención de repetir no Club por parte do profesorado e do alumnado é unánime.
Quédanos o reto de rematar os proxectos, facer un mellor seguimento dos mesmos e difundir o resultado final.
Quedamos a espera da nova convocatoria, para a súa solicitude ou renovación automática que suporá unha continuidade do Club de Ciencia do noso centro educativo.