viernes, 13 de julio de 2018

MEMORIA CLUB DE CIENCIA



CLUB DE CIENCIAS


MEMORIA DO PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2017/18





I.E.S. PRIMEIRO DE MARZO
BAIONA


1.          Introdución
O interese do alumnado polos estudos de Ciencias e Matemáticas vense reducindo nos últimos anos de xeito xeral en toda a UE (informe Rocard). Tamén, a nivel do noso centro educativo, levamos recollendo como ano tras ano, o alumando relaciona estas temáticas como "algo difícil" e decide descartase das materias vencelladas en canto ten oportunidade (en especial  dende 4º da ESO).
Así, nos bacharelatos científicos detectamos este abandono temperá das ciencias, que ligado a un baixo rendemento académico, fai que os resultados sexan moi mellorables.
Con esta iniciativa, recollida en forma de Programa de Innovación Educativa: Club de Ciencia, pretendeuse incentivar o interese pola ciencia no noso alumnado, e mellorar así a súa predisposición para estudala e con iso unha mellora no rendemento académico e a atención a propia diversidade.
Consideramos especialmente importante o desenvolvemento temperá destas actitudes científicas, polo que o noso proxecto céntrase sobre todo na ESO e, en menor medida, no primeiro curso de bacharelato. Contamos con experiencias previas, como a visita a Galiciencia (Ourense) en 2016 e as actividades desenvolvidas dentro do Contrato Programa 2016-2017: modalidade 5: Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia académica, onde comezou o percorrido do noso Club de Ciencias do Centro. Nesta experiencia contabamos tamén coa experiencia previa do Club de Lectura que xunto coa Dinamización da Biblioteca escolar, leva dado moi bos resultados.
A consolidación do Club de Ciencias dentro da presente convocatoria e coa súa , renovación automática para o vindeiro curso 2018-2019 (convocatoria do 8 de xuño de 2018) conséguese unha consolidación do proxecto no noso centro educativo. Isto permite darlle un soporte físico (un tempo e un lugar) para desenvolver o interese pola ciencia no noso alumnado, pois entendemos que un proxecto científico non se pode desenvolver axeitadamente dentro das clases ordinarias dunha materia e mesmo dun curso académico (pouco flexibles e con grande diversidade de intereses no alumnado).




3.            Actividades realizadas polo alumnado participante

3.1.                  Alumnado participante
Na seguinte táboa resumo indicamos a evolución da participación do alumnado no Club de Ciencia, ao longo do curso académico. Indícase o total de alumnas e alumnos por nivel educativo ao final de cada avaliación.

ENSINANZA
NIVEL EDUCATIVO
No proxecto
Alumnado 1ª aval
Alumnado 2ª aval
Alumnado 3ª aval

ESO
15
16
16
13
13
13
13
13
8
8
3
3
8
9
8
8
BACHARELATO*
4
12
4
1
TOTAL
368
48
58
44
38
% alumnado participante*

13 %
16 %
12 %
10 %
*Porcentaxe respecto do total de alumnado convocado do centro: 368 alumnas e alumnos.
Como pode verse ao longo do curso produciuse un aumento do alumnado inscrito na primeira avaliación, e foi diminuído especialmente a partir da segunda metade da 2ª Foi especialmente revelador o abandono case que total do alumnado de 1º de bacharelato, que foi incapaz de xestionar as actividades do Club co desenvolvemento do curso.
Salientar tamén, que parte do alumnado que participou activamente no Club non chegou a desenvolver na súa totalidade o proxecto escollido (tal e como se indica no respectivo apartado).




3.2.                  Actividades realizadas
A continuación recóllense cronoloxicamente as actividades realizadas, indicándose unha pequena sinopse de cada unha e as fases do proxecto coas que se corresponden.
FASE 1. QUE É O CLUB DE CIENCIAS?
FASE 2. INVESTIGAMOS
FASE 3. INCUBADORA DE PROXECTOS
FASE 4. DIVULGAMOS
-Reunións previas informativas: setembro-novembro de 2017.  FASE 1. Como se indicou na solicitude do proxecto, esta actividade xa foi iniciada durante o periodo de solicitude e resolución do Club de Ciencias posto que se demorou bastante a resolución definitiva (21 de decembro de 2017).
O alumnado foi informado nas clases sobre o que é un Club de Ciencias e logo da sondaxe de interese (número aproximado de participantes) convocouse á primeira reunión.
Tamén se procedeu á  información do programa a toda a comunidade educativa, a súa aprobación no Claustro do profesorado (25/09/2017) e no Consello Escolar (27/09/2017). Asemade, comunicouse tanto a súa resolución favorable como a renovación automática Claustro do profesorado (29/06/2018) e Consello Escolar (29/06/2018).
Tal e como se recolle no proxecto e, dado que implica actuacións fóra do horario lectivo, esixiuselle a todo o alumnado unha autorización por parte dos pais/nais/titores legais para participaren no Club e elaborada para tal efecto.
-Luns, 4 de decembro de 2017, de 14:30 a 16:00: 1ª Reunión do Club de Ciencia. FASE 1 A índa que non se publicara a resolución definitiva, previa consulta á Consellería do estado de trámite, procedeuse a reunión informativa do Club de Ciencias e a entrega de autorizacións. Proxectouse unha presentación do proxecto (presentación) e propostas de actividades concretas para Matemáticas, Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía. [Lugar: Salón de actos].
-Luns, 22 de xaneiro de 2018 de 14:30 a 16:00. 2ª Reunión do Club de Ciencia FASE 1 Xa formalizada a concesión, procedeuse a unha reunión estimuladora para ilustrar diferentes propostas axeitadas. Deuse a coñecer o modelo de proxecto a realizar (modelo). Facilitouse unha proposta de proxectos axeitados realizada polo profesorado (proposta). [Lugar: Salón de actos, Laboratorio Bioloxía, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].
-Luns, 29 de xaneiro de 2018 de 14:30 a 16:00. Obradoiro de Xenética Humana. FASE 2 Convocouse ao alumnado de 4º da ESO e Primeiro de Bacharelato a un Obradoiro de Xenética, onde realizaron unha serie de experiencias relacionadas con ADN e xenética humana como exemplos enriquecedores de . [Lugar: Laboratorio Bioloxía].
-Luns, 26 de febreiro 2018 de 14:30 a 16:00. 3ª Reunión do Club de Ciencia. Traballamos no noso proxecto I.  . FASE 3 Xa escollido o proxecto, o alumnado repartido cos profesores supervisores, incician a procura de información para a súa investigación, consultan bibliografía na rede e elaboran un pequeno guión do proceso a seguir (segundo o modelo de indagación científica facilitado. [Lugar: Laboratorio Bioloxía, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].
-Luns, 12 de marzo de 2018 de 14:30 a 16:00. 4ª Reunión do Club de Ciencia. Traballamos no noso proxecto II. . FASE 3 Continúan a traballar nos respectivos proxectos. Elaboran a petición de material. Co gallo do día da muller traballadora, nesa semana procedeuse á exposición na biblioteca do centro dunha serie de paneis sobre mulleres científicas salientables nos diferentes eidos (Matemáticas, Ciencias Naturais e Tecnoloxía, ademais da complexidade do sexo, o xénero e a identidade sexual na nosa especie) cedidos polo CPI Manuel Padín Truiteiro e xerados dentro do Plan Valora Igualdade 2007. FASE 4. O alumnado que así o quixo, visitou a biblioteca para ver a exposición. [Lugar: Laboratorio Bioloxía, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].
-Luns, 23 de marzo de 2018 de 16:10 a 17:50. 5ª Reunión do Club de Ciencia. Charla con científicas e científicos. . FASE 2 Alumnado Club de Ciencias e 1º de Bach Científico Tecnolóxico. Convidados: Leandro Alejano (Enxeñeiro de Minas), Manuel Pombal (Biólogo) e Julia Serra (Física). Investigadores da Universidade de Vigo. [Lugar: Salón de Actos].
-Mércores, 25 de marzo de 2018 de 9:200 a 13:10. Museo Científico Itinerante Ciencia en Movemento. . FASE 2  Actividade o alumnado de 1º da ESO. [Lugar: Salón de Actos].

-Venres, 28 de abril de 2018. Participación de alumnado do Club de Ciencia de 2º da ESO no Día do Libro. . FASE 4 Representación da obriña de teatro María a Xudía, realizada con Seccións Bilingües de 2º da ESO, baixo a dirección e supervisións dos profesores implicados (Natalia Regueiro Leis e Marcos Lago Álvarez). [Lugar: Patio do Centro].
-Luns, 30 de abril de 2018. de 16:10 a 17:50. 6ª Reunión do Club de Ciencia. Science Talk. . FASE 4 Estado de desenvolvemento dos proxectos. O alumando do Club de Ciencia expuxo o estado no que se topaban os respectivos proxectos. Cada grupo/equipo indicou en que consistía o proxecto científico que estaban a levar a cabo e as principais incidencias  [Lugar: Biblioteca].
-Xoves, 10 de maio de 2018 de 14:00 a 19:00. Visita a Galiciencia. . FASE 2 O alumnado do Club de Ciencia visitou a exposición de proxectos científicos de Galiciencia 2018 [Lugar: Tecnópole, Ourense].
-Luns, 28 de maio de 2018 de 14:30 a 16:00. 7ª Reunión do Club de Ciencia. Redactamos o noso informe I. . FASE 4 Reunión na aula de informática do centro co alumnado do Club de Ciencia para a redacción do informe de proxecto segundo o modelo proporcionado. [Lugar: Aula de Informática].
-Luns, 4 de xuño de 2018 de 8:30 a 17:50. Visita ao Museos científicos de A Coruña (Casa das Ciencias e Domus). . FASE 2 [Lugar: A Coruña]
-Mércores, 6 de xuño de 2018. Xornada de Acollida. . FASE 4 O alumnado dos centros adscritos participou dos proxectos e actividades do Club de Ciencia, a cargo de alumnado do Club de 2º da ESO. [Lugar: Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxia e Física e Química]
-Luns, 11 de xuño de 2018 de 14:30 a 16:00. 8ª Reunión do Club de Ciencia. Redactamos o noso informe II. . FASE 4 Ante a necesidade observada no noso alumnado, procedeuse a unha 2ª reunión na aula de informática do centro co alumnado do Club de Ciencia para avanzar na redacción do informe de proxecto segundo o modelo proporcionado. [Lugar: Aula de Informática]
-Vindeiro setembro/outubro de 2018 [PENDENTE REALIZACIÓN]. . FASE 4 Procederase a exposición dos proxectos realizados polo alumnado do Club de Ciencia e a mención (premio) dos mellores. Valorarase, se procede, a pertinencia do envío dos mellores a seguinte convocatoria de Galiciencia. [Lugar: por concretar]
*Tarefas semanais en horario de recreo (de 11:00 a 11:30). . FASE 3 Dende o mes de xaneiro o alumnado, previa petición, empregou os espazos do centro (Laboratorios, Taller, Departamentos e Biblioteca) coa supervisión do profesor encargado do proxecto. A ocupación foi especialmente intensa nos meses de maio e xuño.
As actividades máis salientables aparecen resumidas en fotos no vídeo resumo
3.3.                  Os proxectos científicos
A continuación recóllense os proxectos do Club de Ciencia que foron asignados. De cada un deles indícase o estado actual do mesmo, e de aqueles que se iniciaron a link o documento aparece sobre o título. Para cada nivel educativo, indicase unha listaxe do alumnado participante, en gris aqueles que non remataron as tarefas na terceira avaliación.

1º ESO (16)


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Ruth e Xiana

REMATADO
Eva Rguez e Alba Lijó

REMATADO
Marcos

REMATADO
Candela e Laura Glez
Observacións: As alumnas realizaron a investigación exhaustiva, sen embargo perderon todas as anotacións, polo que resultou imposible chegar a conclusións..
INICIADO
Brandán Díez
Observacións: O alumno chegou a fase de Science Talk, pero foi incapaz de recoller ningunha achega por escrito..
ABANDONADO
Nicolás e Alex

INICIADO
Noelia Vilar e Lara Otero

REMATADO
Sheila e Yanira
Bioloxía: Criamos triops
Observacións: Aínda que se realizou a compra do material e as primeiras probas, non naceron as larvas de dúas partidas distintas, polo que tivemos que desbotar este proxecto e substituílo polo seguinte..
DESCARTADO
Sheila e Yanira

REMATADO
Claudia e Nerea Dguez
Observacións: Aínda que se realizou a compra de material e as primeiras probas, o alumnado foi incapaz de xestionar o horario e realizar un mínimo para iniciar o estudo.
ABANDONADO

2º ESO (13)


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
María Baqueiro e Anaís Comesaña
REMATADO
María Baqueiro, Anaís Comesaña e Carlota Santiago
REMATADO
Carlota Santiago, Sara Vilar e Aldara Álvarez
Observacións: O proceso está moi avanzado, aínda que falta rematar o produto final..
INCIADO
Carlota Mondelo e Concepción Domínguez
Observacións: Quédalles por rematar as conclusións..
INICIADO
Brais Suárez, Anxo Aldea e Rubén Gómez
Observacións: O deseño e construción do armario está completado. Decidiuse adiar a sementeira pola falla de tempo..
INICIADO
Xandre Álvarez, Rubén Rodríguez e Diego Miranda
REMATADO

3º ESO (7)


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Ana Lucía Araújo, Daniel Robledo, María Méndez e Sandra Patricia Alonso
REMATADO
Raúl e Martín
Bioloxía: Mini ecosistemas nunha botella.
Observacións: Resultou fallido o primeiro intento deste proxecto e ademais ao valorar o tempo preciso, desbotouse e substituíuse polo seguinte..
DESCARTADO
Raúl e Martín
Observacións: Atópase bastante avanzado, esperarán ao comezo do novo curso para realizar as medicións pendentes..
INICIADO

4º ESO (9)


COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Ana Lucía Araújo, Daniel Robledo, María Méndez e Sandra Patricia Alonso

REMATADO
Paola di Pietro
Observacións: Aínda que se realizou o deseño das flores con toda seguridade a alumna non poderá rematar o proxecto no vindeiro curso por non estar no centro..
INICIADO
Lois Vázquez e Marcos Pombal
Observacións: Aínda que se realizou a compra de material e as primeiras probas, o alumnado foi incapaz de xestionar o horario e realizar un mínimo para iniciar o estudo.
INICIADO
Cédric Daumas e Andy Barcia
REMATADO

1º BACH (11):

COMPOÑENTES
TÍTULO PROXECTO
ESTADO
Ángel Cabrita
Bioloxía: Plantas raras: carnívoras
DESCARTADO
Ángel Cabrita
Bioloxía: Condicións de cría de grilos
Observacións: Aínda que se realizou a compra de material e as primeiras probas, o alumno foi incapaz de xestionar o horario e realizar un mínimo para iniciar o estudo.
INICIADO
Jose Manuel Gómez
Tardígrados: test de supervivencia.
Observacións: O alumno chegou ata a fase de Science Talk, pero non deixou constancia escrita da súa particiapación..
INICIADO
Verónica Lago e Miriam Rouco
Bioloxía e Química: Creación de tiras indicadoras de pH con zume de lombarda.
NON INICIADO
Gustavo López e Jose María Mur
Bioloxía: Rexeneración vexetal: estudo da capacidade mínima de rexeneración da famosa invasora Tradescantia.
NON INICIADO
Cristina Santos e Diego Durán
Bioloxía: Como aceleramos ou reducimos a maduración dunha froita?
NON INICIADO
Gustavo López e Jose María Mur
Bioloxía: Plant-kenstein? Creación de vexetais novos enxertando partes compatibles.
NON INICIADO
Claudia Mariño e Carolina Cedeira
Tecnoloxía: creamos unha lámpada de lava.
NON INICIADO
 Foi moi chamativo o abandono de proxectos por parte deste grupo, factor a ter moi en conta para novas edicións do Club de Ciencia.



4.          Visibilización das actividades
A divulgación do proxecto realizouse especialmente a través da páxina web do centro e dun blog do Club de Ciencias (http://clubciencias-primeirodemarzo.blogspot.com.es/). Ademais dos anuncios pertinentes, elaborouse un video final resumo das actividades do Club.
Durante o curso, e para manter informado ao alumando, procedeuse a confección de cartaces chamatvos para avisar dos principais acontecementos relacionados coas actividades do Club de Ciencia e rotulacións co emblema nos espazos habilitados para as actividades.


5.          Conclusións
5.1.                  Valoración das actuacións desenvolvidas e dos resultados acadados
Para avaliar os resultados fíxose preciso a elaboración dunha enquisa para o profesorado, e  a través dos informes de proxecto no caso do alumnado.
En relación ás actividades propostas, realizáronse na súa totalidade. Aínda que moitos proxectos de investigación non están concluídos, cando menos na fase de redacción e elaboración de conclusións. Podemos salientar unha elevada participación nas xornadas de presentación do Club de Ciencias, nas saídas propostas e mesmo nas exposicións de mostras (xornadas de acollida). Como xa se indicou, houbo un marcado fracaso nos proxectos de 1º de Bacharelato, nivel no que non deron concluído ningún. Tamén chama a atención a pouca participación de 3º da ESO, caso xa detectado no pasado curso co Contrato Programa (en 2º da ESO).
5.2.                  Propostas de mellora:
O factor tempo foi un dos grandes inconvenientes detectados. Cómpre dilatar no tempo as actuacións, en especial o seguimento de proxectos e moi especialmente a redacción dos informes. Esta última actividade é sen dúbida a que máis tempo necesita.
Por outra banda, e a teor da irregularidade de certos grupos, faise preciso unha maior insistencia no alumnado para facilitar a participación e seguimento nos proxectos científicos (maior andamiaxe).
No caso concreto de 1º de bacharelato, cómpre valorar se ofertarlle esta actividade a teor dos resultados obtidos. Dicir que malia non ten producido ningún informe, o seguimento das actividades foi moi correcto.
No referido as actividades do Club, indicar a valoración moi positiva da Charla con Científicas e Científicos e o Science Talk, do que claramente se fai máis que preciso aumentar o número de sesións. Das saídas cómpre valorar a proporción de tempo investido no desprazamento e o tempo da propia actividade, pois nalgúns casos como na Visita aos Museos de A Coruña, o tempo de desprazamento superou con creces a propia estancia.
Respecto da dotación orzamentaria, indicar que o prazo para executar o seu gasto foi moi limitado, o que conduciu a investir os fondos en actividades que con máis antelación poderían ser mellorables ou substituíbles.
5.3.                  Observacións.
Para a nosa sorpresa, o propio alumnado amosou un gran interese en dispor de sesións de recreo e do medio día para quedar e realizar experimentos. O ambiente conseguido foi moi integrador e participativo, tendo o alumnado liberdade para agruparse, aportar ás súas ideas e ofrecéndoselle flexibilidade horaria para evitar incidencias negativas sobre as actividades lectivas ordinarias.
5.4.                  Conclusións.
O profesorado implicado nas actividades e o equipo directivo, amosa a súa satisfacción polos resultados do Club de Ciencia no noso centro educativo.
Por unha parte, xerouse unha dinámica de traballo, parella ao Club de Lectura, que valoramos moi positivamente como promotora dunha notable mellora no desenvolvemento temperá ou mantemento das inquedanzas científicas no noso alumnado.
Por outra banda, atendemos á diversidade do noso alumando, en especial a aqueles cun maior interese na ciencia e na experimentación, cunha gran interese por aprender e afondar en coñecementos e sobre todo habilidades, que na clase ordinaria non se pode realizar.
Como se recolle na enquisa avaliativa, o grao de satisfacción e alto ou moi alto, e a intención de repetir no Club por parte do profesorado e do alumnado é unánime.
Quédanos o reto de rematar os proxectos ao inicio do vindeiro curso e difundir o resultado final. A renovación automática do Club de Ciencia por parte da Consellería supón un afianzamento e unha continuidade garantida.