CLUB DE CIENCIAS
MEMORIA DO PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2018-19
I.E.S. PRIMEIRO DE MARZO
BAIONA
Índice
1. Introdución.....3
2. Profesorado
participante....5
5.
Conclusións....15
O interese do alumnado polos estudos de Ciencias e Matemáticas vense
reducindo nos últimos anos de xeito xeral en toda a UE (informe Rocard). Tamén,
a nivel do noso centro educativo, levamos recollendo como ano tras ano, o
alumando relaciona estas temáticas como "algo difícil" e decide descartase
das materias vencelladas en canto ten oportunidade (en especial dende 4º da
ESO).
Así, nos bacharelatos científicos detectamos este abandono temperá das
ciencias, que ligado a un baixo rendemento académico, fai que os resultados
sexan moi mellorables.
Con esta iniciativa, recollida en forma de Programa de Innovación Educativa: Club de Ciencia, pretendeuse
incentivar o interese pola ciencia no noso alumnado, e mellorar así a súa
predisposición para estudala e con iso unha mellora no rendemento académico e a
atención a propia diversidade (Modelo de Enriquecemento Curricular).
Consideramos
especialmente importante o desenvolvemento temperá destas actitudes científicas,
polo que o noso proxecto céntrase sobre todo na ESO e, en menor medida, no
primeiro curso de bacharelato. Por outra banda, o método empregado baseouse en
vertebrar todas as aportacións dos distintos departamentos implicados cos plans
de centro e cos proxectos de innovación educativa que se veñen realizando nel, deu
lugar ao desenvolvemento dun Club de Ciencia coherente e, sobre todo, integrado.
Así, dun xeito ou doutro e de forma coordinada, temos intentado integrar no
noso proxecto -ao través de diversas actuacións: o Plan de Mellora de
Bibliotecas Escolares (14 anos no centro), o Club de Lectura (12 años), o Programa
de Seccións Bilingües (10 años), o Proxecto Ríos (Plan Proxecta, 7 anos), o Programa
de Auxiliares de Conversa (9 años), o Plan Lector, o Plan TIC, o Plan de
Convivencia, os Contratos Programa (modalidade 5, 1 ano), e o máis recente, Espazos
Maker (1 ano).
A teor da traxectoria do centro, podemos afirmar que contamos xa cun Club
de Ciencias consolidado
tanto polo percorrido (levamos 3 anos, 2 deles ao abeiro da convocatoria específica)
como pola participación (ao redor de 10-15% do alumnado do centro e 4
departamentos didácticos). No presente curso contamos coa incorporación do Departamento
de Física e Química (indicada na pertinente modificación de proxecto, tramitada
ao inicio do proxecto deste curso).
Como novidade deste curso, salientar a constitución dun grupo de traballo a
través do CEFOR Vigo (V1805189-PFPP V1831127 O club de ciencia no IES
Primeiro de Marzo) no que o profesorado implicado recibiu formación
específica e desenvolveu experiencias enriquecedoras.
Todo isto permitiu darlle un soporte físico (un tempo e un lugar) para incentivar
o interese pola ciencia no noso alumnado, pois entendemos que un proxecto
científico non se pode desenvolver axeitadamente dentro das clases ordinarias
dunha materia e mesmo dun curso académico (pouco flexibles e con grande
diversidade de intereses no alumnado).
A continuación presentamos un resumo das actividades realizadas por cada
profesor participante no Club de Ciencia.
Profesor/a
|
DNI
|
Departamento/ ROL
|
Participación no proxecto
|
Actividades
|
Jose Antonio Martínez Comesaña
|
76910580Y
|
Bioloxía e
Xeoloxía
Profesor
|
SI
|
-Seguimento
de proxectos de 1º da ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación
nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras,
obradoiros, , ScienceTalk e redacción de informes
-Visita
a Galiciencia
|
María Luísa Domínguez Rodríguez
|
36068214M
|
Matemáticas
Profesora
|
SI
|
-Seguimento
de proxectos de Matemáticas con 1º e
3º ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación
nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras,
obradoiros, ScienceTalk e redacción de informes
|
María José Gómez Boo
|
34989562F
|
Matemáticas
Profesora
|
SI
|
-Seguimento
de proxectos de Matemáticas con 1º e
3º ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación
nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras,
obradoiros, visita ao Planetario e Museo de Historia Natural de Santiago, ScienceTalk
e redacción de informes.
|
Manuel Carrera Martínez
|
35562026R
|
Tecnoloxía
Profesor
|
SI
|
-Seguimento
de proxectos de Tecnoloxía con 2º e 4º
ESO (recreos a demanda, 2ª e 3ª avaliación)
-Participación
nas reunións (luns medio día): presentación, actividades incentivadoras,
obradoiros, , ScienceTalk e redacción de informes
|
David Costas Santos
|
53113065Q
|
Física
e Químcia
Profesor
|
-Seguimento dos proxectos de
química con 1º e 2º da Eso( recreos a demanda,2ª e 3ª avaliación)
-Participación nas reunións (luns medio día):presentación,
actividades incentivadoras, obradoiros, ScienceTalk e redacción de informes
-Táboa periódica dos elementos co alumnado de 2º e 3º ESO para
conmemoración do 150 aniversario da publicación da táboa periódica
-Coordinación na elaboración de vídeos sobre un elemento químico.
|
|
Marcos Lago Álvarez
|
36120270N
|
Bioloxía e Xeoloxía
Coordinador
|
SI
|
-Seguimento
de proxectos (1º, 2ª, 3º e 4º ESO e 1º bacharelato)
-Organización
e participación nas reunións (luns medio día): presentación, actividades
incentivadoras, obradoiros, visita ao Planetario e Museo de Historia Natural
de Santiago, ScienceTalk e redacción de informes
-Coordinación na elaboración
de vídeos dos desafíos de “Atrévete cos bos hábitos” e visita
a Galiciencia.
-Labores
de coordinación
-Actualización
do blog e da páxina web do centro
-Elaboración
da enquisa avaliativa do proxecto
-Elaboración
da memoria final
|
3.1.
Alumnado participante
Na seguinte táboa resumo indicamos a evolución da
participación do alumnado no Club de Ciencia, ao longo do curso académico.
Indícase o total de alumnas e alumnos por nivel educativo ao final de cada
avaliación.
ENSINANZA
|
NIVEL EDUCATIVO
|
Alumnado 1ª aval
|
Alumnado 2ª aval
|
Alumnado 3ª aval
|
ESO
|
1º
|
15
|
13
|
13
|
2º
|
11
|
11
|
8
|
|
3º
|
13
|
13
|
13
|
|
4º
|
3
|
3
|
3
|
|
BACHARELATO*
|
1º
|
3
|
3
|
3
|
TOTAL*
|
269
|
45
|
43
|
40
|
% alumnado participante*
|
20 %
|
16 %
|
15 %
|
*Porcentaxe respecto do total de
alumnado convocado do centro: 269 alumnas e alumnos (1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º
bach). Respecto do total do alumnado do centro, foi ao redor do 10-12%.
Como pode verse ao longo do curso produciuse un
aumento do alumnado inscrito na primeira avaliación, e foi diminuído
especialmente a partir da segunda metade da 2ª avaliación.
Salientar tamén, que gran parte do alumnado que participou
activamente no Club non chegou a desenvolver na súa totalidade o proxecto
escollido (tal e como se indica no respectivo apartado).
3.2.
Actividades realizadas
A continuación recóllense cronoloxicamente as
actividades realizadas, indicándose unha pequena sinopse de cada unha.
OUTUBRO [Previa resolución]
-Do 15 ao 31 de outubro de 2018. Convocatoria
de participación no Club de Ciencias. Pequenas intervencións nas que se informa da continuidade do Club de
Ciencia do IES Primeiro de Marzo. Entrega de autorizacións para seren
cumprimentadas polos Pais/Nais/Titores legais. Reunións organizativas do profesorado implicado no Club de Ciencia: propostas de mellora na xestión do Club, valoración
dos proxectos do anterior ano (formulario
colaborativo) e a votación dos mellores para os premios (enquisa
google).
Observacións: Tamén se procedeu novamente á información do
programa a toda a comunidade educativa, no Claustro do profesorado (25/09/2018)
e no Consello Escolar (25/09/2018).
NOVEMBRO
-Luns 26 de novembro de 2018 de 14:30 a 16:10. Presentación do Club de
Ciencias. Relación de actividades: Presentación do Club de Ciencias
(presentación);
Presentació do Blog do Club co
resumo do ano anterior; propostas de
actividades concretas para Matemáticas, Tecnoloxía, Física
e Química e Bioloxía e Xeoloxía;
Entrega de premios e diplomas de participación; Visionado de vídeos ou
documentos enriquecedores. [Lugar: Salón
de actos].
Observacións: Tal e como se recolle no proxecto e, dado que
implica actuacións fóra do horario lectivo, esixiuselle a todo o alumnado unha autorización
por parte dos pais/nais/titores legais para participaren no Club e elaborada
para tal efecto.
DECEMBRO
-Xoves 20 de decembro de 2018 de 11:30
a 13:10. Actividades incentivadoras: Obradoiro de microscopía: Manexo do Foldoscope (microscopio de man “Low-cost”).
Alumnado do Club de 3º, 4º e 1º
de bacharelato (19 alumnas e alumnos).
-Venres 21 de decembro de 2018: inicio
do período de proposta de proxectos de investigación. Listaxe
de propostas. Reunión organización de traballos de microscopía co foldoscope
(instrucións
traballo). Convocatoria do concurso Buscamos un logo para o Club! Cartaz,
bases
concurso
Observacións: Para dinamizar o club no
centro, iniciouse a difusión por cartelería: cartaz
feliz nadal (centrado en 2019 como Ano internacional da táboa periódica dos
elementos).
XANEIRO
-Luns 14 de xaneiro de 2019: Club de Ciencia: Saída de Xeoloxía a Monteferro.
Toda a mañá con 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, 2º de Bacharelato
con Ciencias da Terra e 4º da ESO con Bioloxía. Tarde: Obradoiro de Xeoloxía con 1º de bacharelato e 4º da ESO. . [Lugar: Monteferro, Nigrán e Laboratorio
de Bioloxía e Xeoloxía].
-Xoves 17 de xaneiro de 2019 de
16:00 a 17:50: Proxectos: Volcano project. Actividade bilingüe co alumnado de 3º ESO do Club. Presentan
en inglés o modelo dun volcán realizado por eles e como simulan a erupción.
-Mércores 23 xaneiro de 2019
de 12:20 a 13:10: Proxectos: My very own cell. Actividade bilingüe co alumnado de 3º ESO do Club. Presentan
en inglés o modelo de célula eucariota animal e como a realizaron. [Lugar:
Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía].
-Luns 28 de xaneiro de 2019
de 14:30 a 16:10. Concreción dos proxectos de investigación. Organizamos
a nosa investigación. Xornada na aula de informática. Investigación por
indagación. Fases do proxecto. Formularios.
Petición de material necesario. [Lugar: Aula de Informática].
FEBREIRO
-Mércores 12 de febreiro de 2019.
Todo o día. Participación na Olimpíada de
Xeoloxía. [Lugar: Facultade de Minas, Universidade de Vigo].
-Venres, 22 de febreiro de 2019 de 10:00
a 13:30. Museo Científico Itinerante Ciencia en Movemento. Actividade co alumnado
de 1º da ESO. [Lugar: Salón de Actos]. Enquisa
avaliadora. Gráfico.
-Luns 25 de febreiro de 14:40 a 16:10.
Obradoiros exemplificadores de experiencias de indagación Xa escollido o proxecto, o alumnado repartido cos
profesores supervisores, iniciarán a procura de información para a súa
investigación, consultan bibliografía na rede e elaboran un pequeno guión do
proceso a seguir (segundo o modelo de indagación científica facilitado. [Lugar:
Aula de informática, Laboratorio Bioloxía, Taller Tecnoloxía e Biblioteca].
MARZO
-Luns, 25 de marzo de 2019 de 14:30 a
16:00. Reunión do Club de Ciencia. Traballamos no noso proxecto Continúan
a traballar nos respectivos proxectos. Elaboran a petición de material. [Lugar:
Laboratorio Bioloxía, Laboratorio de Física e Química, Taller Tecnoloxía e
Biblioteca].
-Xoves 28 de marzo de 2019. Todo o día: Club de Ciencia: Saída a
Santiago. Visita do Museo de Historia Natural e o Planetario. Alumnado do Club de Ciencia, todo o día. [Lugar: Santiago].
ABRIL
-Luns, 29 de abril de 2019. de 16:10 a
17:50. Reunión do Club de Ciencia. Traballamos no noso proxecto Continúan
a traballar nos respectivos proxectos. Elaboran a petición de material. [Lugar:
Laboratorio Bioloxía, Laboratorio de Física e Química, Taller Tecnoloxía e
Biblioteca].
-Xoves, 25 de abril de 2019. -Táboa
periódica dos elementos co alumnado de 2º e 3º ESO para conmemoración do
150 aniversario da publicación da táboa periódica. Elaboración de vídeos sobre un elemento químico (vídeo wolframio, vídeo mercurio). [Lugar:
Primeiro andar do IES Primeiro de Marzo].
Observacións: Durante os meses de marzo e abril, 6 alumnas e alumnos do club de
Ciencias, de 3º de ESO inscribíronse nos desafíos de Galiciencia, nos que
finalmente foron finalistas.Desafío 1: Queens1
e Mandarinas
House1 Desafío 2: Queens2
e Mandarina
House2
MAIO
-Venres 10 maio de 2019 Toda a mañá. Visita a Galiciencia e participación no
desafío final de “Atrévete coa saúde e os bos hábitos”. Seis
alumnas e alumnos do Club de Ciencia, resultaron finalistas dos desafíos de
Galiciencia. Visitamos a exposición de proxectos científicos de Galiciencia
2019 e participamos no desafío final [Lugar: Tecnópole, Ourense].
-Martes 21 e Venres 24 de maio de 2019,
de 11:00 a 11:30. Identificamos
macroinvertebrados fluviais co Proxecto Ríos. Alumnado de 3º, 4º e 1º de
bacharelato.
-Luns, 27 de maio de 2019. de 16:10 a
17:50. Reunión do Club de Ciencia. Science
Talk. Estado de desenvolvemento dos proxectos. O alumando do
Club de Ciencia exporá o estado no que se topan os respectivos proxectos. Cada
grupo/equipo indicará en que consiste o proxecto científico que están a levar a
cabo e as principais incidencias [Lugar:
Biblioteca]. Redactamos o noso informe. Reunión na aula de informática do
centro co alumnado do Club de Ciencia para a redacción do informe de proxecto
segundo o modelo proporcionado. [Lugar: Aula de Informática].
-Xoves, 30 de maio de 2019 de 16:10 a
17:50. Ciencia divertida: Yummy Cell! Acitividade lúdica-científica. Cada alumno debe alimentar ao seu
compañeiro con distintos orgánulos celulares, seguindo as instruccións do
profesor en inglés. [Lugar: Pavillón deportivo do centro].
-Pómoslle nome ao noso laboratorio de
Ciencias: Bioloxía e Xeoloxía. En colaboración con
Ciclo de Animación e a materia ITI de 1º da ESO. Resultado da escolla de Científica
salientable para nomear o laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. Realizaron a
procura de información e entrevistaron ao profesorado. Como resultado saíu en
1º lugar Tarsy Carballas
(edafóloga) e en segundo Aida
Fernández Ríos (bióloga mariña e climatóloga). Queda para o vindeiro curso
a escolla final e a elaboración dunha pequena exposición.
Observacións: Durante os meses de maio, coa colaboración do alumnado de 1º de
bacharelato, inciouse a instalación
dun invernadoiro comprado para o Club de Ciencia.
Montouse o armazón, pero a teor das datas, e para previr posibles danos ou
vandalismo, optouse por recollelo para ser instalado propiamente o vindeiro
curso.
XUÑO
-Luns, 10 de xuño de 2019. de 16:10 a
17:50. Preparatorio da Xornada de Acollida. O alumnado voluntario do Club de
Ciencias prepara e ensaia a súa intervención para a xornada de acollida. .
[Lugar: Espazo Maker e Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxia e Física e Química]
-Martes, 4 de xuño de 2019 de 11:30 a
12:20. Xornada de Acollida. O
alumnado dos centros adscritos participa dos proxectos e actividades do Club de
Ciencia, a cargo de alumnado do Club de 1º e 3º da ESO. [Lugar: Laboratorios de
Bioloxía e Xeoloxia e Física e Química e corredor do 3º andar]
-Luns, 10 de xuño de 2019. de 16:10 a
17:50. Reunión do Club de Ciencia. Science
Talk. Estado de desenvolvemento dos proxectos. O alumando do
Club de Ciencia exporá o estado no que se topan os respectivos proxectos. Cada
grupo/equipo indicou en que consiste o proxecto científico que están a levar a
cabo e as principais incidencias [Lugar: Biblioteca]
-Luns, 17 de xuño de 2019. de 16:10 a
17:50. Redactamos o noso informe. Ante
a necesidade observada no noso alumnado, procederase a unha nova reunión na aula
de informática do centro co alumnado do Club de Ciencia para avanzar na
redacción do informe de proxecto segundo o modelo proporcionado. [Lugar: Aula
de Informática]
Observacións Xerais:
Tarefas semanais en horario de recreo (de 11:00 a 11:30). Dende o mes de xaneiro o alumnado, previa
petición, empregou os espazos do centro (Laboratorios, Taller, Espazo Maker, Departamentos
e Biblioteca) coa supervisión do profesor encargado do proxecto.
3.3.
Os proxectos científicos
A continuación recóllense os proxectos do Club de
Ciencia que foron asignados. De cada un deles indícase o estado actual do mesmo,
e de aqueles que se iniciaron a link ao documento compartido (acceso google
drive: cartafol Proxectos
Club de Ciencias 2018-2019). Para cada nivel educativo, indicase unha
listaxe do alumnado participante, en gris aqueles que non remataron as tarefas
na terceira avaliación.
Alumando de 1º ESO (15)
1.
Álvarez Fernández, Antía 1ºB
2. Álvarez Vasconcellos, Eva 1ºC
3.
Argibay González, Sara 1ºA
4.
Besada Fernández, Iván 1ºA
5.
Blanco Fernández, Jaime 1ºC
6.
Carrera Pazó, Manuel 1ºB
7.
Costas Misa, Nuria 1ºA
8. Duarte Báez, Yasmín 1ºB
9.
Eiras Dorrío, Aitana 1ºA
10.
García Valverde, Jonathan 1ºB
11.
González Valverde, Aarón 1ºC
12.
López Matos, Omar 1ºB
13.
Martínez García, Alejandro 1ºB
14.
Martínez González, Ángela 1ºB
15. Sanromán Giráldez, Víctor 1ºB
COMPOÑENTES
|
TÍTULO PROXECTO
|
ESTADO
|
Manuel Carrera Pazó (1º B)
Omar López Matos (1º B)
|
Creación de tiras indicadores de pH con zume de lombarda
|
INICIADO
|
Alex Martínez García (1º B)
Víctor Sanroman Giráldez (1ºB)
|
REMATADO
|
|
Ángela Martínez González (1ºB)
|
REMATADO
|
|
Antía Álvarez Fdez (1ºB)
Aitana Eiras Dorrío (1ºA)
|
Cambiar a cor as flores
|
INICIADO
|
Jonathan García Valverde (1ºB)
Aarón González Valverde (1ºC)
|
REMATADO
|
|
Iván Besada Fdez (1ºA)
Jaime Blanco Fdez (1ºC)
|
Estímulo-resposta en venus atrapamoscas
|
INICIADO
|
Sara Argibay González
(1ºA)
Nuria Costas Misa
(1ºA)
|
Xermolación en “flor de loto”
|
DESCARTADO
|
Sara Argibay González (1ºA)
Nuria Costas Misa (1ºA)
|
Creación de hologramas para o móbil
|
INICIADO
|
Alumando de 2º ESO (11)
1. Dasilva Pérez, Guillermo 2º ESO B
2. De La Iglesia Vázquez, Diego 2º ESO A
3. González Pérez, Laura 2º ESO A
4. Lijó Chamorro Alba 2º ESO A
5. Masson Fragata Ruth 2º ESO A
6. Otero Romero Lara 1º ESO B
7. Penedo Veiga, Noa 2º ESO B
8. Pereira Prado Xiana 1º ESO B
9. Rodríguez Salgueiro, Alex 2º ESO B
10. Santiso González, Nicolás 2º ESO B
11. Vilar Domínguez Noelia 2º ESO B
COMPOÑENTES
|
TÍTULO PROXECTO
|
ESTADO
|
Lara
Otero e Noelia Vilar
|
Fabricación
de colonias a partir de vexetais.
|
NON
INICIADO
|
Ruth
Masson e Guillermo Dasilva
|
Estudo de
macroinvertebrados de ríos.
|
NON
INICIADO
|
Alba
Lijó e Noa Penedo
|
Tinguimos
camisetas con diferentes vexetais
|
NON
INICIADO
|
Xiana Pereira e Janira
|
Slime:
comparación de diferentes recietas.
|
NON
INICIADO
|
Alex
Rodríguez
|
Estatística
na clase.
|
NON
INICIADO
|
Diego
de la Iglesia e Nicolás Santiso
|
Circuitos
con bólas.
|
INICIADO
|
Foi moi chamativo o abandono de
proxectos por parte deste grupo, factor a ter moi en conta para novas edicións
do Club de Ciencia. Todo isto a pesar do seguimento incansable dende as
materias de Física e Química e Paisaxe e Sustentabilidade. O alumnado amosou
unha gran dispersión e serias dificultades de concreción.
Alumando de 3º ESO (13)
1. Aldea González Anxo 3º ESO A
2. Álvarez González, Xandre 3º ESO
3. Álvarez Hermida Aldara 3º ESO A
4. Baqueiro Leyenda María 3º ESO B
5. Comesaña Fernández Anaís 3º ESO A
6. Domínguez Trapero, Concepción 3º ESO
7. Gómez Rodríguez Rubén 3º ESO B
8. Miranda Vasconcellos Diego 3º ESO B
9. Mondelo Fernández Carlota 3º ESO A
11. Santiago Valverde Carlota 3º ESO B
12. Suárez Campo Brais 3º ESO A
13. Vilar Rodríguez Sara 3º ESO B
COMPOÑENTES
|
TÍTULO PROXECTO
|
ESTADO
|
Anaís
Comesaña, María Baqueiro, Sara Vilar e Carlota Santiago
|
Deseño dunha actividade Breakout (escape-room) de ciencias
|
INICIADO
|
Xandre
Álvarez, Diego Miranda, Rubén Rodríguez e Brais Suárez
|
Motores
e combustión.
|
INICIADO
|
Rubén
Gómez e Anxo Aldea
|
Estruturas
que eviten a rotura dun ovo
|
INICIADO
|
Carlota
Mondelo, Concepción Domínguez e Aldara Álvarez
|
Estracción
de ADN en vexetais: amorodos.
|
INICIADO
|
Alumando de 4º ESO (3)
1. Giraldez Miniño, Iago 4º ESO
2. Gómez Domínguez, Alejandro 4º ESO B
3. Quintas Alborés Martín 4º ESO B
COMPOÑENTES
|
TÍTULO PROXECTO
|
ESTADO
|
Iago
Giráldez, Alex Gómez e Martín Quintas
|
Deseño e
construcción dunha charca temporal
|
INICIADO
|
Alumando de 1º BACH (3):
1. Barcia Rodríguez Andy 1º bach B
2. Pombal Martínez Marcos 1º bach B
3. Vázquez Campos Lois 1º bach B
COMPOÑENTES
|
TÍTULO PROXECTO
|
ESTADO
|
Andy Barcia
|
Deseño
dunha app para inspección de Proxecto Ríos. Para satisfacer a
necesidade detectada dunha aplicación para o móbil na que se recolla facilmente a inspección
aos ríos. Database
|
REMATADO
|
Andy Barcia, Lois Vazquez e Marcos Pombal
|
.
|
INICIADO
|
A divulgación do proxecto realizouse especialmente a través da páxina
web do centro e dun blog do Club de Ciencias (http://clubciencias-primeirodemarzo.blogspot.com.es/).
Ademais dos anuncios pertinentes, elaborouse un video final
resumo das actividades do Club.
Durante o curso, e para
manter informado ao alumando, procedeuse a confección de cartaces chamativos
para avisar dos principais acontecementos relacionados coas actividades do Club
de Ciencia e rotulacións co emblema nos espazos habilitados para as
actividades.
5.1.
Valoración das actuacións desenvolvidas e dos resultados
acadados
Para avaliar os resultados fíxose preciso a
elaboración dunha enquisa para o profesorado, e a través dos informes de
proxecto no caso do alumnado.
En relación ás actividades propostas, realizáronse
na súa totalidade coa excepción da charla con científicas que debido a
incompatibilidades horarias e a dispoñibilidade das convidadas tivemos que adialo
para o vindeiro curso.
Aínda que moitos proxectos de investigación non
están concluídos, cando menos atópanse na fase de redacción e elaboración de
conclusións. Podemos salientar unha elevada participación nas xornadas de
presentación do Club de Ciencias, nas saídas propostas e mesmo nas exposicións
de mostras (xornadas de acollida). Como xa se indicou, houbo un marcado fracaso
nos proxectos de 2º da ESO, nivel no que non deron concluído ningún. Tamén
chama a atención o pouco alumando inscrito no club de 4º da ESO e 1º de
Bacharelato.
5.2.
Propostas de mellora:
O factor tempo foi un dos grandes
inconvenientes detectados. Cómpre dilatar no tempo as actuacións, en especial o
seguimento de proxectos e moi especialmente a redacción dos informes. Esta
última actividade é sen dúbida a que máis tempo necesita.
Por outra banda, e a teor da irregularidade de certos grupos, faise preciso
unha maior insistencia no alumnado para facilitar a participación e seguimento
nos proxectos científicos (maior andamiaxe). Quizais como medida estimuladora,
a excursión de días completa pasará a ser ofertada só para aqueles alumnos que
teñan iniciado o seu proxecto, é dicir: que amosen un compromiso serio.
No referido as actividades do Club, salientar o Science Talk, como claro
indicador do estado dos proxectos de investigación. Respecto das saídas,
ademais das locais, tal e como puxo de manifesto a anterior convocatoria, a
visita a Santiago resultou máis proporcionada tanto distancia como en tempo.
Respecto da dotación orzamentaria, indicar que o prazo para executar o seu
gasto foi moi limitado, o que conduciu a investir os fondos en actividades que
con máis antelación poderían ser mellorables ou substituíbles. Si amosamos o
noso sincero agradecemento polo orzamento extraordinario concedido a finais de
2018 para o seu gasto en 2019.
5.3.
Observacións
Para a nosa sorpresa, o propio alumnado amosou un gran interese en dispor
de sesións de recreo e do medio día para quedar e realizar experimentos. O
ambiente conseguido foi moi integrador e participativo, tendo o alumnado
liberdade para agruparse, aportar ás súas ideas e ofrecéndoselle flexibilidade
horaria para evitar incidencias negativas sobre as actividades lectivas
ordinarias.
5.4.
Conclusións
O profesorado implicado nas actividades e o equipo directivo, amosa a súa
satisfacción polos resultados do Club de Ciencia no noso centro educativo.
Por unha parte, continuase coa dinámica de traballo, parella ao Club de
Lectura, que valoramos moi positivamente como promotora dunha notable mellora
no desenvolvemento temperá ou mantemento das inquedanzas científicas no noso
alumnado.
Por outra banda, atendemos á diversidade do noso alumando, en especial a
aqueles cun maior interese na ciencia e na experimentación, cunha gran interese
por aprender e afondar en coñecementos e sobre todo habilidades, que na clase
ordinaria non se pode realizar.
Como se recolle na enquisa avaliativa, o grao de satisfacción e alto ou moi
alto, e a intención de repetir no Club por parte do profesorado e do alumnado é
unánime.
Quédanos o reto de rematar os proxectos, facer un mellor seguimento dos mesmos
e difundir o resultado final.
Quedamos a espera da nova convocatoria, para a súa solicitude ou renovación
automática que suporá unha continuidade do Club de Ciencia do noso centro
educativo.
Acceso a enquisa
avaliativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario